Os hostaleiros de Santiago apoian a idea de aplicar unha taxa turística
Os hostaleiros de Santiago apoian a idea de aplicar unha taxa turística
Cren que non afectaría a chegada de visitantes e que axudaría a financiar o sobrecusto nos servizos públicos
O concelleiro de Turismo de Santiago, Sindo Guinarte, reuniuse este martes cos representantes das asociacións Hostalería Compostela, Unión Hostaleira e Hostalería.gal, para abordar a proposta para poñer en marcha a taxa turística nos aloxamentos da capital galega.
Entenden os hostaleiros que esta taxa turística non tería impacto na demanda turística da cidade e serviría para que o propio fluxo turístico financiase o sobrecusto nos servizos municipais debido á multiplicación da poboación na cidade na tempada alta.
Na reunión analizouse a situación do turismo e abordáronse outros temas de importancia para o sector como a nova regulación para as vivendas de uso turístico e o plan de sustentabilidade turística.