Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os hostaleiros galegos esperan para Semana Santa unha ocupación do 80 %

Os hostaleiros galegos esperan para Semana Santa unha ocupación do 80 %

O posicionamento de Galicia como un turismo que non é de sol e praia favorece unha maior estabilidade nas reservas

G24.gal 08/04/2022 14:43

Esta é unha Semana Santa que os hoslaleiros marcan como un punto de inflexión tras a pandemia. O posicionamento de Galicia como un turismo que non é de sol e praia favorece unha maior estabilidade nas reservas.

"A xente que vén a Galicia sabe que temos que manter o verde e que para manter o verde fainos falta esta auga que temos estes días. Pero a comezos da semana que vén ese tempo vai mellorar", explica o presidente do Clúster de Hostalería, Cesáreo Pardal.
 

A Semana Santa chega cargada de boas expectativas, para un sector en que hoxe mesmo comeza un punto e á parte tras un longo período de malas noticias.

"Tivemos unha pequena incerteza co inicio da guerra, en que se paralizaron as reservas, pero agora volveron retomarse", explican.
 

As perspectivas de ocupación superan o 80 por cen no turismo rural. Son especialmente boas na Mariña e Ferrolterra, polo pulo da Semana Santa. Inmellorables na zona da Ribeira Sacra e nas Rías Baixas porque paisaxe, monumentos, rutas, gastronomías e enoloxía non temen a chuvia.  

"Estamos facendo moitas reservas internacionais, non só de proximidade -Portugal, Francia, Inglaterra- senón de países transatlánticos como Estados Unidos e O Canadá, que son dous mercados moi importantes que parece ser que regresan".

Regresan os turistas, os viaxeiros, os visitantes, que volverán estar polos camiños e as rúas das nosas cidades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade