Os hoteis das Rías Baixas están cheos e na Ribeira Sacra superan o 80 % de reservas
Os hoteis das Rías Baixas están cheos e na Ribeira Sacra superan o 80 % de reservas
Os afortunados que puideron adiantar as vacacións pola ponte festiva gozan xa da paisaxe e o clima das Rías Baixas, onde poucas prazas hoteleiras quedan xa dispoñibles.
Pois depende que illas queiras visitar, porque onde xa non cabe ninguén é nos barcos que van ás Cíes. Dende hai xa tempo pecharon reservas. Inflúe que a cota é menor que en tempada alta, con 450 visitantes/día. E a piques de colgar o cartel de completo están na xoia turística galega do interior, a Ribeira Sacra, que supera o 80 por cento.
Aumenta a oferta de aloxamentos na contorna da Ribeira Sacra para aproveitar o auxe turístico. Con todo, o sector local traballa para non morrer de éxito.
Cunha Semana Santa que superou marcas, esta ponte de maio vese coma unha continuación das excelentes cifras que se agarda se repitan no verán.