Os hoteis prepáranse para recibir os primeiros turistas de agosto
Os hoteis prepáranse para recibir os primeiros turistas de agosto
Xornada de transición nos hoteis das Rías Baixas coa marcha dos turistas de xullo e coa chegada dos que comezan as vacacións
Este mes de agosto agárdase unha ocupación media do 85 e do 95 %
A estadía dos turistas descende, pero as previsións son moi boas para un agosto que comezará con sol e calor
Unha das imaxes do día é a dos turistas movendo as súas maletas para regresar ao seu destino. Son os que rematan as súas vacacións neste mes de xullo. Con todo, hai máis maletas movéndose polo centro das cidades con turistas, desta volta máis alegres, que comezan as súas vacacións.
Agosto é un dos meses máis importantes para o turismo. E iso nótase nos diferentes hoteis, como por exemplo no centro da cidade de Vigo.
As cifras de media nas Rías Baixas serán moi boas. Estarán en torno o 85 e o 95 %.
O tempo este ano non é un problema, todo o contrario. O que si están notando é un descenso na estadía media, en torno aos tres e catro días. É unha maneira de restrinxir os gastos fronte á actual situación económica.
O camiño de Santiago tamén está axudando a incrementar as cifras. Os turistas seguen sendo maioritariamente nacionais. E todos coinciden en que as vacacións se lle fixeron cortas.