Publicador de contidos
Publicador de contidos

Estabilizados os incendios de Melón e Ribadavia

Estabilizados os incendios de Melón e Ribadavia

O primeiro lume orixinado en Melón, no lugar de Quins, extinguido tras arrsar 35 hectáreas

O segundo incendio no mesmo lugar arrasou 50 hectáreas

O lume de Ribadavia, parroquia homónima, suma 65 hectáreas devastadas

G24.gal 14/07/2022 09:47 Última actualización 14/07/2022 21:24

Estabilizados os dous incendios que seguen activos en Melón e Ribadavia. En total, ata o momento queimouse unha superficie aproximada dunhas 150 hectáreas, segundo o parte actualizado na tarde deste xoves pola Consellería do Medio Rural.

O primeiro lume orixinado en Melón, no lugar de Quins, ás dez e media do pasado luns, xa foi extinguido tras calcinar 35 hectáreas

O segundo incendio no mesmo lugar, desatado na mesma xornada oito minutos despois, arrasou 50 hectáreas e os traballos para o seu control e apagado reúnen 12 axentes, 18 brigadas, 14 motobombas, dúas pas, seis helicópteros e tres avións.

O lume de Ribadavia, parroquia homónima, que comezou ás 22:11 do luns, suma 65 hectáreas devastadas e está estabilizado. Alí tomaron parte nos labores de extinción, ata o de agora, dous técnicos, 21 axentes, 48 brigadas, 34 motobombas, 4 pas, unha unidade técnica de apoio, 9 helicópteros e 5 avións.

Os veciños de aldeas como Barcia ou Vilaverde teñen aínda o susto no corpo tras o vivido nos últimos días, e especialmente a xornada de onte. En Vilaverde apenas uns metros de monte e unha devasa separan a zona calcinada das primeiras vivendas da aldea.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade