Os marabillosos 104 anos de Carmen, a veciña de Begonte que segue a picar leña
Os marabillosos 104 anos de Carmen, a veciña de Begonte que segue a picar leña
Preparar a cociña é un dos labores que fai a diario, ademais de camiñar
Cento catro anos e pica a leña da cociña como se tivese vinte. Así é Camen, unha begontesa que traballou toda a vida na casa e de labrega e que hoxe segue axudando nos labores do fogar no que convive cos seus familiares.
Tivo oito irmáns, e vívenlle dúas de 102 e 90 anos. Con elas compartiu nenez e unha vida de traballos.
É boa, de carácter forte e moderna, segundo nos contan os seus, unha muller adaptada aos tempos, marabillada por unha sociedade na que hai máquinas que fan o labor das gadañas e por un mundo no que di sentirse completamente feliz.
Camiñar todos os días e bulir dun lado para outro son dous dos segredos de quen acaba de facer 104 anos o vinte de marzo.
Para Carmen cada día é unha nova ilusión, cada xornada ten o seu afán e o noso compromiso con ela é o de volver entrevistala en marzo do ano que vén, cando faga os 105 anos.