Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os menores de doce a dezasete anos poderán entrar en España só cunha PCR negativa a partir do luns

Os menores de doce a dezasete anos poderán entrar en España só cunha PCR negativa a partir do luns

O BOE publica hoxe a modificación dos requisitos sanitarios para entrar en España desde países de fóra da UE ou do espazo Schengen

A partir das 00:00 horas do 14 de febreiro, os menores de ata dezasete anos poderán acceder sen presentar o calendario completo de vacinación

G24.gal 11/02/2022 09:42

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica hoxe a modificación dos requisitos sanitarios para entrar en España para persoas de doce a dezasete anos de países fóra da Unión Europea ou do espazo Schengen.  A partir das 00:00 horas do 14 de febreiro, os menores de ata dezasete anos poderán acceder sen presentar o calendario completo de vacinación; só precisarán presentar unha proba de amplificación de ácidos nucleicos moleculares SARS-CoV-2 (RT-PCR ou similar) con resultado negativo realizada 72 horas antes da chegada e previa comprobación das autoridades sanitarias.

Os menores de doce anos que viaxen cunha persoa adulta non estarán sometidos a ningunha clase de esixencia sanitaria, como viña sendo ata agora.

Nesta Orde, asinada polo ministro do Interior Fernando Grande-Marlaska, tamén participaron os ministerios de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, e de Industria, Comercio e Turismo e Sanidade.

Nesta Orde, publicada este venres, modificouse en concreto a redacción da letra K do artigo 1.1 da Orde INT/657/2020, do 17 de xullo. Esta medida axústase á Recomendación (UE) 2020/912 do Consello da Unión Europea do 30 de xuño, que estableceu un conxunto de categorías específicas de persoas exentas destas restricións e que foi modificada en varias ocasións para adaptala ás circunstancias.

A Orde publicada no BOE lembra que a vacinación é "un instrumento fundamental" para loitar contra a pandemia da COVID–19, e daquela para promover o seu uso "incluíuse como unha das categorías exentas das restricións previstas" nesta orde. Non obstante, debido a que en moitos países existen dificultades para obter a vacina para o seu uso na poboación menor de dezaoito anos, "considérase conveniente establecer condicións específicas para estas persoas".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade