Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os militares da Campaña Antártica Española adéstranse nas augas do Grove

Os militares da Campaña Antártica Española adéstranse nas augas do Grove

Apoiar os equipos científicos que realizan investigacións na Antártida é o cometido destes quince membros do Exército de Terra

G24.gal 13/09/2023 14:40

Colaborar no mantemento da base española Gabriel de Castilla e garantir os servizos básicos nunha das illas máis austrais do planeta son tarefas que realizan tamén estes militares, destinados na XXVIII Campaña Antártica Española para apoiar os proxectos científicos patrocinados polo Ministerio de Ciencia e Innovación.

Xa son 15 anos en que estes homes e mulleres se preparan en Galicia, no Grove, para a súa misión na Antártida. Trátase dunha costa escarpada de mar aberto e cunhas condicións moi similares ás que van ter na illa Decepción, iso se exceptuamos a temperatura da auga. 

Chegarán á Antartida en decembro, ás portas do verán austral, para instalarse 100 días na base Gabriel de Castilla

"A nosa misión e manter a operatividade da base do exército de terra e darlle apoio aos científicos para que desenvolvan os seus proxectos. É unha zona extrema e perigosa entón os investigadores precisan un lugar onde vivir, comer...", explica Ángel Prado, tenente coronel da XXXVII Campaña Antártica. 

"Nós acompañámolos onde teñan que desprazarse, encargámonos dos grupos electróxenos, subministración de auga, reparamos as avarías, etc", engade Diego García Casais, brigada. 

Ese cometido, que eles poidan desenvolver os proxectos científicos, require por exemplo de telecomunicacións, que terán á fronte un capitán ourensán.

"Establecemos os medios para comunicarnos tanto co territorio nacional como dentro da illa; e tamén dos científicos coa base, ou eles os seus proxectos coas universidades", comenta Pablo Álvarez Balsa, capitán. 

Antes de adestrar no Grove, aclimatáronse ás condicións de frío nos Pireneos.

Aquí en Galicia atopan mar aberto e zonas rochosas que se asemellan moito ás que terán nese illote solitario antártico, que leva o nome de Decepción, por agochar un volcán activo no medio do ollo dunha ferradura. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade