Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un comisario xubilado mata a exparella en Rubí e a actual muller en Castellbisbal e suicídase

Un comisario xubilado mata a exparella en Rubí e a actual muller en Castellbisbal e suicídase

Os cadáveres foron atopados en dous domicilios das vilas barcelonesas de Rubí e Castellbisbal

Rúa de Rubí onde foi asasinada unha das mulleres (EFE/Quique García)
G24.gal 20/08/2024 14:09 Última actualización 20/08/2024 16:10

Un comisario xubilado matou cunha arma de fogo á exparella no seu piso da vila barcelonesa de Rubí e á súa actual parella no seu domicilio de localidade próxima de Castellbisbal, onde finalmente se suicidou, nun caso que os Mossos d'Esquadra investigan como violencia machista.

A División de Investigación Criminal (DEC) dos Mossos d'Esquadra fíxose cargo das pescudas para aclarar o ocorrido.

Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (TSXC), o titular do xulgado de instrución número 6 de Rubí dirixe a comitiva xudicial que está a practicar o levantamento dos tres cadáveres en Rubí e Castellbisbal.

O TSXC confirmou que as dúas mulleres son a parella e a exparella do suposto autor dos feitos, que posteriormente se suicidou.

Segundo o TSXC, ningunha das dúas mulleres aparece no sistema como vítima previa de violencia machista.

De confirmarse a natureza machista deste suceso, serían 31 as mulleres asasinadas polas súas parellas ou exparellas desde o 1 de xaneiro deste ano.

A alcaldesa de Rubí, Ana María Martínez, informou nunha mensaxe na rede social X de que o consistorio activou o protocolo de feminicidio con tres días de loito e cinco minutos de silencio para condenar os asasinatos.

Martínez declarouse "consternada" polo suceso e asegurou que se trata de "actos terribles e intolerables para reflexionar como sociedade". "Xa abonda", recalcou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade