Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os niveis de ocupación turística roldan o 90 por cento en moitos puntos de Galicia

Os niveis de ocupación turística roldan o 90 por cento en moitos puntos de Galicia

O bo tempo anima os turistas a escoller a nosa comunidade para descansar

Calquera punto da xeografía galega está a ser esta Semana Santa un destino vacacional moi demandado, tanto no interior coma na costa

G24.gal 08/04/2023 14:43 Última actualización 08/04/2023 15:31

Calquera punto da xeografía galega está a ser esta Semana Santa un destino vacacional moi demandado. Nesta época adoita haber moitas reservas de última hora, en función do tempo. O sol e as altas temperaturas acompañan e os niveis de ocupación son altos tanto no interior coma na costa. 

"Hai moitísima xente, eu que veño desde hai moitísimo anos tanto en agosto coma en Semana Santa nunca vira tanta xente coma nesta Semana Santa. Hai moitas ganas de desconectar e de sol", di un turista.

"Temos unha media de ocupación en toda a comunidade que supera o 80 %. Hai destinos coma Sanxenxo que supera o 85 % e en xeral a ocupación vai ser extraordinaria", destaca  Dulcinea Aguín, presidenta da Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia.

Este sábado atopabamos moitos turistas que elixiron Galicia por primeira vez e que aproveitaron estes días para percorrer diferentes vilas e cidades.

"Vimos desde Valladolid un grupo de amigas a gozar de Sanxenxo polas praias, polo clima e todo está moi bonito. Toda a Semana Santa pasámolo aquí e mañá rematamos en Santiago de Compostela que sería o cumio do paseo", relata outra turista.

Outros visitantes repiten e escollen unha vez máis a nosa comunidade para descansar.

"Eliximos Galicia porque levamos dez ou doce anos vindo e gústanos"
"Imos coller agora o barco para as illas Cíes, así que moi ben"
"Onte estivemos no Grove, facendo unha ruta en barco por todas as illas, cunha degustación de mexillóns que non encantou", comentan varios visitantes.

A Semana Sante é o inicio da temporada vacacional, moitos dos que veñen a Galicia adoitan repetir no verán e reservan xa para a temporada estival.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade