Publicador de contidos
Publicador de contidos

Gandeiros do Deza montan o seu propio supermercado

Gandeiros do Deza montan o seu propio supermercado

O peche paulatino dos vellos ultramarinos foi deixando sen servizo moitos núcleos das zonas rurais

G24.gal 16/03/2023 14:55

O peche paulatino dos vellos ultramarinos foi deixando sen servizo moitos núcleos das zonas rurais. Lugares onde agroman tamén iniciativas como a dunha cooperativa labrega en que os propios agricultores e gandeiros se uniron para montar un supermercado. Son máis de os 300 socios da cooperativa Cobideza, que abrangue cinco concellos da comarca.

Non se resignan a ir, pouco a pouco, quedando sós. A seguir perdendo servizos, como o que ofrecían os últimos ultramarinos da zona. Así que 300 gandeiros de Lalín, Silleda, Agolada, Vila de Cruces e Forcarei, montaron un súper. Xa montaran o seu propio surtidor de combustible e o seu propio almacén de produtos agrarios, e agora suman un supermercado-ferraxería.

Nel podemos atopar desde roupa de traballo ata produtos de proximidade como queixo, mel ou hortalizas. Unha iniciativa que tivo unha acollida estupenda na comarca

"As tendas de aldea foron pechando, e a idea xorde para dar resposta a esa carencia coa que quedabamos" explica Patricia López, directora comercial de Cobideza. 

Como naquelas antigas tendas aquí hai de todo. Alimentación, conxelados, roupa de traballo, planta e semente, droguería e todo tipo de produtos de proximidade, entre outros, o queixo ecolóxico que producen os propios socios da cooperativa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade