Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os pais de Marta del Castillo acusan o Cuco de humillar de novo a familia

Os pais de Marta del Castillo acusan o Cuco de humillar de novo a familia

O xuízo péchase coa confirmación de que o Cuco mentiu, pero non achega novidades sobre o paradoiro do corpo de Marta del Castillo

G24.gal 27/05/2022 14:20 Última actualización 27/05/2022 14:50

Os pais de Marta del Castillo senten como unha nova humillación o recoñecemento por parte de Francisco Javier Garcia, o Cuco, de que lle mentiu ao tribunal que condenou o asasino da súa filla, Miguel Carcaño.

Así o admitiron na segunda e última xornada do xuízo por falso testemuño contra o Cuco e a súa nai celebrado na Audiencia sevillana.

Antonio del Castillo e Eva Casanueva lamentaron tamén que non se permitise testemuñar a Carcaño neste xuízo: "O ideal era iso. Polo menos saber quen estaba, a hora que era, se a nai estivo con eles e deixar falar a Miguel Carcaño. Deixar expresarse a Miguel Carcaño, que igual a pouca credibilidade que ten, recuperaría bastante".

A acusación exercida pola familia de Marta del Castillo mantivo a petición de pena para o Cuco e a súa nai de dous anos de cárcere e 1.800 euros de multa, pero elevou a 25.000 euros a responsabilidade civil reclamada a cada un deles.

A fiscalía mantivo a petición de pena inicial de 8 meses de cárcere e multa de 1.500 euros para ambos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade