Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os partidos apuran as súas estratexias neste ano electoral

Os partidos apuran as súas estratexias neste ano electoral

Podemos presiona a Yolanda Díaz para chegar a un pacto antes da presentación de Sumar

O PP renova a súa fundación, rebautizada co nome de Reformismo21

Maroto e Darias abandonarán a próxima semana o Consello de Ministros para concorrer ás municipais

G24.gal 17/03/2023 14:56

Sen concretar a data, Yolanda Díaz oficilaizará, pronto, a súa nova marca electoral, Sumar. E se non hai sorpresas, Íñigo Errejón formará parte dese novo proxecto. Demostrando a afinidade, hoxe compartiron acto institucional.

Quen lle mete máis presión é Podemos, que insiste en pechar un acordo coa vicepresidenta antes desa presentación e das eleccións municipais, para que Díaz participe na campaña dos seus candidatos.

Pero a resposta de Yolanda Díaz faise agardar, así que a líder de Podemos apunta ao socio da colición para amosar o seu descontento por varias leis. Ione Belarra acusa o PSOE de "xirar á dereita".

Pero este venres o PSOE está centrado en impulsar as dúas ministras que, previsiblemente, abandonarán o Goberno a semana que vén para presentarse ás eleccións municipais: a de Industria, Reyes Maroto, e a de Sanidade, Carolina Darias, que hoxe puido despedirse dos conselleiros do ramo. Mentres, outros membros, como o ministro da Presidencia, Félix Bolaños, cargan contra o PP á conta da moción de censura.

Precisamente hoxe, Alberto Núñez Feijóo presentaba unha nova versión da fundación do PP, rebautizada co nome de Reformismo21 e con novo equipo. Nese consello están tres exministros do PP, Báñez, Escolano e Piqué, xunto con outros perfís máis independentes como o fundador da Organización de Transplantes, Rafael Matesanz, ou o exadestrador e tío de Rafa Nadal, Toni Nadal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade