Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os partidos políticos aceptan participar no debate electoral da CRTVG

Os partidos políticos aceptan participar no debate electoral da CRTVG

A Corporación de Radio e Televisión de Galicia ofrece un debate a cinco o 5 de febreiro 

G24.gal 23/01/2024 14:48

 As principais forzas políticas acudirán ao debate da Corporación de Radio Televisión de Galicia (CRTVG) proposto para o 5 de febreiro.  Así o acordaron este martes os representantes do Partido Popular de Galicia, Bloque Nacionalista Galego, Partido Socialista de Galicia, Sumar e Podemos na xuntanza celebrada en Santiago para abordar a coordinación deses debates con vistas ás eleccións do 18 de febreiro. 

Paula Prado (PPdeG), Ruben Cela ( BNG), Xosé Manuel Lage Tuñas ( PSdeG), Paulo Carlos López (Sumar) e Borja Sanramón (Podemos) tamén abordaron a posibilidade dun segundo debate na CRTVG, con outro formato, pero polo de agora os partidos non chegaron a un acordo.

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, insistiu en que manteñen a súa proposta dun cara a cara  entre o presidente da Xunta de Galicia e candidato á reelección, Alfonso Rueda e o representante que decida o resto de formacións. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade