Os Pendellos de Agolada volven abrir como escaparate da artesanía galega
Os Pendellos de Agolada volven abrir como escaparate da artesanía galega
O recinto acolle a XI edición da feira Corazón de Artesanía
Os Pendellos de Agolada acollen esta fin de semana a XI edición do Corazón de Artesanía, un encontro de artesanía tradicional e popular de Galicia. O evento foi inaugurado este venres polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda.
O antigo mercado da feira de Agolada volverá encherse de cesteiros, oleiros, ou teares, onde mercar pezas feitas á man con selo Artesanía de Galicia e obradoiros para adultos e pequenos.
Os Pendellos tornarán nunha especie de centro comercial aberto de calzado, roupa e pezas de enxoval ou decoración únicas e creadas por artesáns que reivindican os oficios tradicionais cunha visión global.
O presidente da Xunta di que esta feira é un grande escaparate de tradición e vangarda, que dá a coñecer estas construcións do século XVIII, os Pendellos, e o labor dos nosos artesáns.
"Galicia foi a primeira comunidade en crear un distintivo de calidade para un sector que axuda xerar emprego e dinamizar o rural", dixo Rueda.
A programación deste encontro de artesanía inclúe actuacións musicais e degustacións gastronómicas durante estes tres días.