Confirman a manipulación do ordenador de Déborah Fernández logo de ser entregado á policía
Confirman a manipulación do ordenador de Déborah Fernández logo de ser entregado á policía
O avogado da defensa confirmou que van solicitar unha segunda peritaxe
Este xoves declararon nos xulgados de Tui os peritos de Lazarus Tecnology que revisaron o ordenador de Déborah Fernández Cervera. Confirmaron que a manipulación do PC tivo lugar despois de entregado o dispositivo á policía.
Declararon telematicamente nos xulgados de Tui os peritos de Lazarus Tecnology, a prestixiosa empresa que fixo unha revisión polo miúdo do ordenador persoal de Déborah. Confirmaron o avanzado hai días de que o dispositivo foi manipulado logo de ser entregado á policía; algo que deixa abertas menos posibilidades.
O informe de Lazarus foi inicialmente solicitado pola maxistrada de Tui e, malia o prestixio da empresa, o avogado da defensa confirmou que van solicitar unha segunda peritaxe. Algo ao que restan importancia os avogados da familia da moza.
Sobre se as supostas irregularidades do caso benefician o imputado, os avogados da familia da vítima din non ter esa certeza, pero que si é necesario saber quen é responsable dos supostos erros.