Cargando resultados...
Longas ringleiras nas gasolineiras galegas situadas na raia
Longas ringleiras nas gasolineiras galegas situadas na raia
O 70 % das persoas que mercan combustible nas vilas fronteirizas de Galicia son de Portugal
G24.gal
31/12/2022 13:58
Última actualización 31/12/2022 14:27
Depósitos a tope, bidóns e longas ringleiras compoñen este sábado a escena das gasolineiras galegas que teñen fronteira con Portugal.
Aproveitar as últimas horas de desconto semella ser a consigna de todos desde propietarios de turismos ata pequenos transportistas ou mesmo ambulancias.
Encher os depósitos en España é xa unha tradición para a poboación portuguesa da raia que só quedou interrompida durante as fases máis duras da pandemia.