Os Premios Literarios Minerva celebran cun libro os seus 50 anos
Os Premios Literarios Minerva celebran cun libro os seus 50 anos
O Colexio M. Peleteiro organiza dende 1963, con algún breve período de interrupción, uns galardóns que xa recoñeceron a preto de 500 mozas e mozos
O mantedor da primeira edición foi Álvaro Cunqueiro
Presentouse un libro que, por suposto, ten a deusa da sabedoría na portada. O volume é unha sorte de fotobiografía dos Premios Minerva, que están cheos de grandes nomes.
Levaron galardón Suso de Toro, que estaba no acto, Lois Diéguez, Darío Xohán Cabana, Fernando Ónega, Berta Dávila, Ismael Ramos...
E un potente etcétera que continúa tamén potente cos nomes dos mantedores dos Premios Minerva: Carvalho Calero, Filgueira Valverde, Oero Pedrayo, Víctor Freixanes, Neira Vilas, Luz Pozo, Carlos Casares...
N acto de presentación do libro, que contou coa presenza do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude e da alcaldesa de Santiago, subliñouse que o certame é un referente da creación literaria do país. E que, sobre todo, invita as novas voces a leren e escribiren en galego.