Publicador de contidos
Publicador de contidos

Trasladan á Xefatura Superior de Policía de Madrid os detidos polo asasinato de Borja Villacís

Trasladan á Xefatura Superior de Policía de Madrid os detidos polo asasinato de Borja Villacís

Un cuarto arrestado, acusado de encubrimento, quedou en liberdade tras descartar os investigadores que participase no tiroteo

G24.gal 06/06/2024 13:55

Os presuntos autores materiais do asasinato a tiros de Borja Villacís están xa en dependencias da Xefatura Superior de Policía de Madrid.

Os dous homes foron detidos nunha urbanización da localidade toledana de Yuncos, onde intentaron agocharse.

O mesmo día do tiroteo foi arrestada a nai dun dos pistoleiros conducindo o vehículo utilizado no crime.

O cuarto presunto implicado é un home acusado de encubrimento por acoller os presuntos autores do crime, pero a policía descarta que participase no tiroteo, polo que quedou en liberdade.

A investigación continúa aberta e decretouse o segredo do sumario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade