Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os prezos da sardiña mantéñense estables dous días antes de San Xoán

Os prezos da sardiña mantéñense estables dous días antes de San Xoán

No mercado de Cambados están a cinco euros o quilo, o mesmo prezo desde o inicio da campaña

Prevese que o xoves soban ata os oito ou dez euros quilo polo aumento da demanda

 

G24.gal 21/06/2022 14:43

A dous días de San Xoán vemos bastante sardiña no mercado de Cambados e ao mesmo prezo do que levamos de campaña, cinco euros o quilo, tanto a do cerco coma a do xeito.

As cotizacións e as descargas mantivéronse estables nos últimos días e, aínda que haberá suba de prezos no San Xoán, non cren que vaia superar os 10 euros quilo.

Entre os compradores, distinguimos tres perfís. Os que conxelan, os que encargan para o xoves e os que as comen hoxe, porque saben igual e custan menos.

Imposible saber que pasará o xoves. O tempo será determinante, tanto pola sardiña que poidan pescar como polas ganas de asalas se chove.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade