Os produtores de carne de vacún levan case un ano vendendo a perdas
Os produtores de carne de vacún levan case un ano vendendo a perdas
A Xunta anuncia un adianto do pagamento da PAC e axudas adicionais
Os gandeiros piden o cumprimento da lei da cadea alimentaria
Os produtores de Ternera Gallega Suprema reciben a día de hoxe 5,15 euros por cada quilo de carne e terían que cobrala a 6,20 para non vender a perdas. É a conclusión dun estudo encargado pola Xunta que aclara tamén que a alimentación supón o 54 % dos custos das explotacións de vacún de carne, mentres que as subvencións supoñen o 34 % dos ingresos.
Por iso, o Goberno galego adiantará á vindeira semana o pagamento de parte da PAC e habilitará 25 millóns de euros para axudas adicionais.
Nunha explotación de Pedrafita, por exemplo, explican que viron como a tonelada de penso duplicaba o seu prezo en menos dun ano por causa da escaseza e a guerra. A situación, xeneralizada en todo o sector, só se palía en parte coa abundancia de pasto nesta época do ano.
O vacún de carne galego abrangue máis de 20.000 explotacións e supón unha facturación anual de máis de 150 millóns de euros. Unhas cifras agora en risco pola crise.
A Xunta vai poñer en marcha unha campaña de promoción da carne galega e tamén prevé impulsar canto antes o observatorio para o cumprimento da Lei da Cadea Alimentaria.