Cargando resultados...
Donos de terreos nas Fragas do Eume piden a retirada do plan reitor do parque
Donos de terreos nas Fragas do Eume piden a retirada do plan reitor do parque
Manifestáronse en Pontedeume para esixir compensacións xustas
G24.gal
30/04/2023 14:28
Última actualización 30/04/2023 17:59
Os propietarios dos terreos que conforman as Fragas do Eume volveron manifestarse para esixir compensacións económicas polas restricións de uso que recolle o Plan Reitor de Usos e Xestión do Parque Natural aprobado en marzo pola Xunta.
Demandan a súa retirada cautelar e esíxenlle ao Goberno galego consenso e diálogo para a súa elaboración.
A marcha transcorreu polas rúas de Pontedeume e contou co apoio dos gobernos socialistas de Cabanas, Monfero, Pontedeume, As Pontes e A Capela, os cinco concellos que atravesan as fragas.