Publicador de contidos
Publicador de contidos

A axitada historia da Illa de Tambo sorprende a turistas e visitantes locais

A axitada historia da Illa de Tambo sorprende a turistas e visitantes locais

Foi arsenal de armas, lazareto e escenario de ataques pirata

Pode visitarse dende o verán pasado dende Combarro

G24.gal 09/04/2023 19:04 Última actualización 09/04/2023 19:48

En canto chegamos á Illa de Tambo, pequena, de vinte e oito hectáreas, a mesma superficie que engadiu a lava do volcán á illa da Palma, e oitenta metros de altitude máxima, os pasaxeiros divídense en dous grupos con senllos guías turísticos.

A cota máxima son 200 persoas por día. Dous quilómetros e medio a pé que con tantas paradas nas lendas e nas historias leva case dúas horas.    

"O común a todos é que ninguén agardaba atopar toda a historia que contén esta illa, e todo o mundo sae absolutamente sorprendido. Imaxina que despois o tempo que teñen libre de descanso e repouso de andar, é de asimilación e repouso de todo o que foron descubrindo aquí", conta Rubén Mariño,  un dos guías turísticos da Navieira Mar de Ons. 

A última ocupación da Illa de Tambo foi ser polvoreira e arsenal de armas da armada española. Desde 1943. Eles puxeron os eucaliptos para disimular o almacén de explosivos e evitar fotografías aéreas. Os vestixios dos militares, a cantina para os oitos soldados, a vivenda...

Tambo foi da Igrexa, foi lazareto para conter o cólera, foi atacada polo pirata Francis Drake... e todo iso aprenden as persoas que a visitan. A maioría son da contorna. Levan toda a vida vendo a illa sen poder achegarse a menos de 200 metros, ao ser de uso exclusivo militar.  

Durante vinte e cinco anos a xestión da Illa de Tambo, na ría de Pontevedra, pertencerá ao concello de Poio. Aínda que o Ministerio de Defensa desafectou a Illa, a Armada segue a ser a propietaria. Dende o verán pasado pode visitarse.

Esta Semana Santa as navieiras que operan a ruta reactivaron as visitas desde Combarro e xa non cesarán ata fins da temporada estival. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade