Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os quioscos reinvéntase para sobrevivir ao cambio de hábitos de consumo

Os quioscos reinvéntase para sobrevivir ao cambio de hábitos de consumo

Segundo a Agrupación nacional de Vendedores de Publicacións, as vendas de xornais e revistas minguaron nos últimos anos un 70 %

Os quioscos tiveron que adaptarse comezando a ofrecer outro tipo de servizos, como a recollida de paquetes, ou a venda de lotería

Antigo quiosco reconvertido nun baño público Antigo quiosco reconvertido nun baño público
G24.gal 23/05/2024 16:10

Un quiosco de toda a vida de Ourense convertido nunha máquina expendedora. Outro que usan de pendello dunha piscina particular e moitos coa persiana pechada dan boa conta da decadencia deste negocio.

Javier, quiosqueiro dende 1976, chegou a vender máis de 500 xornais ao día, nos últimos anos non chegaba aos cen e o quiosco non daba ganancias. "Ultimamente xa non se vendía nada. A xente maior era quen lía o xornal, os rapaces non, porque non van habituados niso, eles van nas tecnoloxías e xa está", explica. Así aguantou ata xubilarse, tras sufrir perdas nos últimos anos.

Segundo a Agrupación nacional de Vendedores de Publicacións, as vendas de xornais e revistas minguaron nos últimos anos un 70 %. Fronte a isto, os quioscos, teñen agora un pouco de todo: lambetadas, xoguetes, mochilas, papelería, bebidas, etc. Moitos quiosqueiros optan por incluír servizos de recollida de paquetes ou venda de lotaría para adaptarse e sobrevivir.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade