Os refuxiados afgáns de Sobrado dos Monxes celebran o ano novo persa
Os refuxiados afgáns de Sobrado dos Monxes celebran o ano novo persa
Chegaron este mes ao concello e agradecen o afecto e a acollida
Lograron saír do seu país e estiveron cinco meses en Paquistán. Finalmente foron evacuados a España grazas á asociación A Maristela e ás xestións do Concello.
Ela é avogada de dereitos humanos. Conseguiu encarcerar varios talibáns, por iso agora a súa vida corre perigo en Afganistán.
Na celebración do ano novo persa acompáñaos Ali, un estudante afgán doutorando da USC, que fai as veces de tradutor.
Canda el está o seu home, que deixou toda a familia en Afganistán. Era profesor de lingua na universidade e tamén desenvolvía proxectos relacionados co rural afgán.
A súa situación en España é legal, chegaron cun visado e xa solicitaron o asilo e a protección internacional. Así que teñan os papeis, van facer aquí a súa vida, traballar e ampliar a familia.
En Sobrado, teñen pensado celebrar todos os equinoccios da primavera futuros, unha festa familiar e tradicional persa que significa un novo comezo, unha nova oportunidade.