Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os residentes no poboado das Lamas, en Monforte, levan máis dun mes sen luz

Os residentes no poboado das Lamas, en Monforte, levan máis dun mes sen luz

Piden unha solución para que un cento de persoas poidan volver ter subministración eléctrica

Félix Aragunde 16/09/2022 13:59

O poboado das Lamas, en Monforte, non dispón actualmente de ningún tipo de conexión á rede eléctrica. Os empalmes ilegais foron desconectados este mesmo ano, e o xerador cedido polo Concello foi retirado xa hai máis dun mes.

Dende entón, os residentes non poden facer uso dos electrodomésticos, e tiveron que recorrer a baterías de coches para poder acender as lámpadas.

Para poder darlles uso de novo aos aparellos das chabolas, os residentes nas Lamas reclaman unha solución urxente. Piden que lles permitan ter un empalme legal á luz e pagar pola corrente, xa sexa nas barracas ou nunha vivenda en condicións.

Nas 24 infravivendas do poboado malviven arredor dun cento de persoas, a metade menores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade