Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os restaurantes pechan antes para conciliar e evitar a fuga de traballadores

Os restaurantes pechan antes para conciliar e evitar a fuga de traballadores

 A iniciativa ainda é minoritaria, pero cobra forza cada día

G24.gal 14/05/2022 15:30 Última actualización 13/05/2022 21:01

Os pioneiros foron un grupo de hostalerios de Lugo que en 2019 decidiron adiantar a unha da mañá o peche do servizo de cea. Os restaurantes do Grupo Nove, que integra boa parte dos cociñeiros mais prestixiosos do país, tamén adianta o peche. E agora acaba de sumarse case toda a hostalería dun dos grandes centros turísticos do país, Sanxenxo.

Coinciden en que hai fan demasiadas horas e que a medida axuda a conciliación familiar dos traballadores e dos propietarios do local. Pero hai máis factores. O sector ten dificultades para atopar persoal e consideran que dignificando a profesión e cumprindo horarios e vacacións contribúen a fidelizar os seus equipos e evitar que busquen outros traballos.

Conta coa experiencia das limitacións horarias durante a pandemia e cren que como daquela a maioría da clientela se vai adaptar. Ademais a medida beneficia o resto da hostalería. Se a xente sae antes dos restaurantes tamén irá antes os locais de ocio nocturno co que sae gañando todo o sector.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar