Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os riscos de viaxar cos pés no salpicadeiro

Os riscos de viaxar cos pés no salpicadeiro

Ademais da sanción económica, as lesións poden ser moi graves en caso de accidente
 

Imaxe da infracción captada polo helicóptero de Tráfico
G24.gal 12/07/2024 15:05 Última actualización 12/07/2024 15:45

Preguntamos na rúa se algunha vez viaxan cos pés enriba do salpicadeiro do coche.

"O meu fillo", conta unha señora

 "Que va, nunca, se é perigosísimo", di outra

"De feito, báixollos", continúa a nai

 "Non me deixan meus pais", apunta unha rapaza nova

"Non, non, non o fixen nunca", contesta outra

"Si ás veces si, sobre todo saco os calcetíns, e iso cheira que me cago en dez, dá gusto, pero ben é para relaxar sabes?, a verdade que é necesario, se non fas unha parada de vez en cando, ou se non como estiras os pés?", conta un rapaz

Pois é mellor a opción da parada. Levar os pés apoiados no salpicadeiro está prohibido, tal e como se recolle no artigo 18 do regulamento xeral de circulación.

 "A infracción leve de 80 euros é o de menos, o importante é a gravidade do feito en caso de accidente porque provoca lesións moi importantes para a persoa que vai con esa posición", informa Héctor Teixeira, garda civil do sector de Tráfico de Galicia

En caso de impacto ou mesmo de freada brusca, é probable que o corpo nesa postura sufra o chamado efecto submarino.

 "Vehículos que non levan airbag cando se produce a colisión, pasa por debaixo do cinto e sae disparado pola xanela da persoa e temos que recollelo da estrada", continúa

Pero que pasa se salta o airbag?

"Lánzache as pernas cara atrás e pártete literalmente en dous", describe o garda civil

 "Ohhhh, non é agradable nin pensalo", estremécese un rapaz

 "Falamos de fractura de cadeira, fracturas de tibia, de pernas e principalmente incluso lesións medulares ao partir certas partes da columna", explica Hector Teixeira

Coa lei na man, a responsabilidade sempre é do condutor.

"O responsable desta infracción é o condutor que non mantén a adecuada posición dos pasaxeiros que van con el", conclúe o garda civil

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade