Os sindicatos denuncian a Llop por bloquear a negociación no conflito de Xustiza
Os sindicatos denuncian a Llop por bloquear a negociación no conflito de Xustiza
Pídenlle á ministra que volva sentar na mesa de negociación e din que non están dispostos a agardar ata despois das eleccións
Os funcionarios de Xustiza denuncian a ministra ante o Tribunal Supremo por bloquear, din, as negociacións sobre a suba salarial que reclaman.
Pídenlle a Pilar Llop que volva sentar na mesa de negociación. Din que non están dispostos a agardar ata despois das eleccións xerais. Hoxe volveron saír á rúa para facer presión, desta vez ante a sede do PSOE en Madrid, para reclamar melloras retributivas e laborais.
A denuncia contra a ministra de Xustiza esténdese tamén ao secretario de Estado Tontxu Rodríguez.
En declaracións aos xornalistas tras presentar a denuncia o responsable de Xustiza de CSIF, Javier Jordán, aclarou que aínda que tamén decidiran presentar este venres nos xulgados de Madrid unha denuncia contra a ministra por coacción e trato degradante ao comité de folga, de momento estana "estudando moi seriamente".
Cinco membros do comité de folga seguían este venres o peche no Ministerio de Xustiza que iniciaron o martes para forzar unha negociación.