Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os sindicatos do sector de transporte de viaxeiros manteñen a convocatoria de folga indefinida a partir do luns

Os sindicatos do sector de transporte de viaxeiros manteñen a convocatoria de folga indefinida a partir do luns

Estiman insuficiente a proposta da patronal, que se nega a pagar os atrasos da suba do IPC correspondente a 2021 e 2022

Piquetes sindicais na última folga do sector Piquetes sindicais na última folga do sector
G24.gal 05/05/2023 19:16

Os sindicatos do sector de transporte de viaxeiros que participaron nas negociacións coa patronal anunciaron este venres que manteñen a folga indefinida convocada a partir do próximo luns 8 de maio.

Os sindicatos realizaron este anuncio tras a última reunión no marco do Consello Galego de Relacións Laborais en que non se obtiveron os acordos necesarios para paralizar a convocatoria de folga.

O paro iniciarase o vindeiro luns día 8 de maio nas catro provincias ao non ser suficiente a proposta da patronal que, segundo os sindicatos, non quere pagar os atrasos da subida do IPC correspondentes a 2021 e 2022.

A proposición non incorpora ningunha das outras cuestións que reclaman os traballadores relativas ao persoal acompañante ou á regulación dos descansos diarios na xornada, entre outras.

Ademais, os sindicatos denuncian a actitude da patronal ao entender que enganou con promesas que non cumpre para conseguir a desconvocatoria das dúas xornadas de folga de finais do pasado mes de abril. Este proceder, alertan desde a CIG, xera “unha profunda desconfianza”. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade