Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os socialistas denuncian que a Xunta incumpre o protocolo sobre velutinas

Os socialistas denuncian que a Xunta incumpre o protocolo sobre velutinas

O PSdeG sinala que se instalaron menos da metade das trampas contra esta praga das que anunciara o Goberno galego

G24.gal 22/06/2024 12:27

O Grupo Socialista no Parlamento galego alerta de que Xunta non cumpre coa proposta de instalación de trampas para velutinas.

A deputada Lara Méndez, que é voceira dos socialistas na Comisión de Agricultura, reuniuse esta mañá con apicultores na localidade luguesa de Teixeiro e destacou que se instalaron menos da metade das 40.000 trampas previstas pola Xunta para o ano pasado. Méndez pediu que o Goberno galego atenda as demandas do sector apícola ante o impacto desta praga.

Ademais, propuxo que se constitúa un comité asesor  con presenza das distintas Administracións
e dos sectores afectados para fixar e coordinar unha estratexia de loita contra as velutinas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade