Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os avisos de niños de avespa velutina baixaron un 60 % no primeiro semestre

Os avisos de niños de avespa velutina baixaron un 60 % no primeiro semestre

A diminución débese á retirada dos niños primarios e o trampeo

Instaláronse 20.000 trampas e capturáronse 113.000 raíñas

O plan de choque centrouse na retirada dos niños primarios
G24.gal 05/07/2024 13:47

Nos primeiros seis meses do ano recibíronse 4.129 avisos por niños de vespa velutina. É case un 60 % menos que no primeiro semestre de 2023, cando houbera 9.735 alertas.

O dato anunciouse na primeira xuntaza do programa galego de vixilancia e control da avespa velutina en que participan o Goberno galego e os concellos a través da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp)

O plan de choque activouse en xaneiro e centrouse en retirar os niños primarios e nunha campaña de trampeo organizada, selectiva e xeolocalizada que permitiu capturar 113.000 raíñas. En total, instaláronse máis de 20.000 trampas no 87 % do territorio.

113.000 raíñas capturadas supón 113.000 niños menos 113.000 raíñas capturadas supón 113.000 niños menos

Colaboración cidadá

Na xuntanza decidiuse reforzar o teléfono 012 desde o 15 de xullo ata o 15 de setembro para atender os avisos de niños de velutina. A liña estará aberta todos os días da semana desde as 8 da mañá ata as 20 horas.

O verán é a época de maior proliferación desta especie. Por iso, as autoridades chaman á colaboración cidadá para loitar contra esta especie e frear o seu avance na comunidade

Niños retirados

  1. Pontevedra: 589
  2. A Coruña: 531
  3. Lugo: 91
  4. Ourense: 63

En total, elimináronse case 1.300 niños. Os traballadores de Seaga empregaron unha media de menos de cinco días para retirar cada un deles. Houbo 1.431 avisos que resultaron ser niños inactivos, 578 nos que non se actuou porque eran doutras especies e 181 chamadas que foron duplicadas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar