Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os socialistas chaman a avanzar cara a unha sociedade igualitaria na véspera do 8M

Os socialistas chaman a avanzar cara a unha sociedade igualitaria na véspera do 8M

"Os avances neste ámbito son unha loita permanente", di González Formoso

G24.gal 07/03/2022 14:46

Na véspera do 8-M o secretario xeral dos socialistas galegos, Valentín González Formoso, fai un chamamento a seguir avanzando cara a unha sociedade igualitaria. 

Reuniuse este luns coa Fundación Mulleres na Coruña, que levan anos traballando para empodeirar a muller na vida social e laboral. González Formoso criticaba os partidos para os que a loita polos dereitos da mulleres non é unha prioridade.

"Formacións de ultradereita que consideran que os dereitos das mulleres non son unha prioridade, e outras que por convicción, principios e tradición política consideramos que é unha auténtica prioridade e polo tanto os avances neste ámbito son unha loita permanente", asegurou o secretario xeral do PSdeG.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade