Os superviventes tratan de saír adiante, pero a volta á normalidade vai ser lenta
Os superviventes tratan de saír adiante, pero a volta á normalidade vai ser lenta
Agradecen a axuda do voluntariado, pero quéixanse da institucional
Na casa de Beatriz, a auga e o lodo chegaron aos dous metros de altura. Aínda que perdeu todo, esta veciña de Godelleta, en Valencia, está contenta de que a riada non a collera alí. Operaran a súa filla e estaba no hospital cando ocorreu.
"Con ganas de seguir traballando e non virme abaixo. Non chorar porque teño que estar agradecida de que todos os meus están vivos. Isto é material e dentro do malo é bo", asegura.
Co mesmo espírito encontramos os que gardan fila para facerse cos medicamentos que precisan na única farmacia que puido abrir logo de catro días na localidade de Alfafar.
"Estamos atendendo, sobre todo, os casos máis urxentes, e podes atopar tensión, colesterol, para o azucre", conta o farmacéutico.
"Xa non nos quedan pastillas e por iso estou na cola. Cando se acabe terei que ir ao supermercado, a ver se podo sacar algo de comer", explica una muller.
Dío porque nos supermercados estanse dando ringleiras similares. Nesta, mentres agardan quenda, chega á localidade un grupo de voluntarios para axudar.
Os afectados agradecen a mobilización da xente, pero hai queixas sobre a axuda institucional.
"É verdade que todos os veciños que se ven afectados reclaman máis axuda. É lóxico, pero non houbo unha falta de axuda. A axuda chega cando pode chegar e como pode chegar", subliña a vicepresidenta do Consell e responsable de Servizos Sociais, Susana Camarero.
Estímase que a zona cero da DINA dentro da provincia de Valencia abrangue un territorio con máis de 75.000 vivendas, habitado por arredor de 325.000 persoas.