Cargando resultados...
Os taxistas de Vigo levan os maiores de ruta para ver as luces do Nadal
Os taxistas de Vigo levan os maiores de ruta para ver as luces do Nadal
Os taxistas vigueses convértense nos mellores guías do Nadal para as persoas maiores das residencias olívicas con dificultade para moverse
G24.gal
12/12/2023 10:39
Os taxistas de Radio Taxi en Vigo participan, desde 2016, nunha iniciativa pola que levan os anciáns de ruta pola cidade para ver iso do que todo o mundo fala: as luces do Nadal.
Por un día, os taxistas vigueses convértense nos mellores guías do Nadal para as persoas maiores das residencias olívicas con dificultade para moverse. Na guía está incluída a visita á árbore, cunha explicación personalizada do propio alcalde da cidade, Abel Caballero.
Ata medio cento de vehículos trasladaron a cento cincuenta persoas ata o punto céntrico da cidade para gozar da iluminación.