Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os toxicómanos dun narcopiso da Coruña ameazan de morte os veciños

Os toxicómanos dun narcopiso da Coruña ameazan de morte os veciños

G24.gal 26/03/2024 14:08

Gardas durante o día e durante a noite, pancartas para dar a coñecer o problema no barrio, cámaras de videovixilancia... Os veciños do número 14 da avenida Alcalde Pérez Ardá da Coruña oeste edificio. Din que un día vai acontecer unha desgraza.

A presenza policial na zona é continua. Hoxe mesmo dous axentes de paisano estiveron preguntándolles aos veciños como estaba a situación. Recomendáronlles evitar enfrontamentos cos toxicómanos porque, segundo dixeron, a liña entre unha ameaza e unha agresión é moi fina. Tamén lles confirmaron que un dos habituais do narcopiso é un pequeno traficante que xa teñen fichado.

A intención da comunidade de veciños é presentar unha demanda de cesación de actividades molestas contra o usufrutuario da vivenda.

Tamén están organizando unha concentración de protesta para darlle máis visibilidade a este problema. Din que continuarán loitando para volver a vivir sen medo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar