Traballadores do metal da provincia de Pontevedra van a folga por un convenio "digno"
Traballadores do metal da provincia de Pontevedra van a folga por un convenio "digno"
Despois de once reunións, non hai avances para sacar adiante o convenio colectivo do sector
O principal atranco está a ser a suba salarial, a patronal propón un incremento do 0,5 por cento, insuficiente para os traballadores
Mentres os sindicatos falan dun seguimento masivo, a patronal calcula que só un trinta por cento dos traballadores respondeu á convocatoria de folga. As diferenzas na redacción do documento que regula as condicións laborais dos traballadores son motivo da folga.
Tras varias reunións, a negociación está paralizada. A suba salarial é neste momento un dos principais atrancos. A parte sindical rexeita a proposta dos empresarios, que propoñen un incremento do 0,5 para este ano e o 2 para os dous seguintes.
Non é o único punto que os enfronta, os sindicatos reivindican outras melloras laborais.
Foi a primeira xornada da folga á que lle seguirán outras dúas, os días 20 e 22. Esta é a primeira folga do sector desde o 2009, cando se cumpriron 26 xornadas de paro e mobilizacións nas rúas.
O convenio que se negocia afecta a 30.000 traballadores da provincia e arredor de 3.700 empresas do sector.