A asociación de transportistas autónomos da Coruña mantén o paro
A asociación de transportistas autónomos da Coruña mantén o paro
Esixen medidas que garantan de xeito inmediato a viabilidade da súa actividade
A metade dos preto de trescentos socios de Ascentra, a asociación que representa os transportistas autónomos da provincia da Coruña, estiveron na asemblea convocada para analizar polo miúdo un acordo que o presidente do colectivo, Antonio Señarís, define como mero parche temporal.
"Vai permitirnos suar a camiseta cos nosos clientes para subir os prezos, para facer os contratos e actualizar as tarifas. Vai ser un parche temporal que nos faga traballar estes tres meses para estar aadrde ao mercado no futuro".
Máis do 90 % dos transportistas desta asociación apoiaron a folga iniciada hai trece días. Na votación deste sábado secundou a continuidade do paro o 80 %, aínda que todos cualifican de insuficientes as medidas pactadas coas grandes asociacións de transportes, entre elas a bonificación de vinte céntimos por litro de combustible.
"Nun mes podería aforrar seiscentos euros, pero eu non podo mover un camión que está practicamente en perdas para que me quede un beneficio de 600 euros porque unha roda de dirección xa é o que vale".
Baixo vixilancia policial, polo momento mantense o piquete informativo de dúas cooperativas de transporte nos accesos ao porto da Coruña.