Cargando resultados...
Transportes confirma os Avril en novembro e a 'low cost' de Renfe Galicia-Madrid en 2024
Transportes confirma os Avril en novembro e a 'low cost' de Renfe Galicia-Madrid en 2024
A ministra Sánchez anuncia que haberá "máis prazas, máis frecuencias e mellores tempos de viaxe"
G24.gal
17/07/2023 14:58
Última actualización 18/07/2023 15:21
A ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, informou de que a previsión do Ministerio é que os trens Avril entren en funcionamento a partir do mes de novembro deste ano, o que permitirá "mellores trens, máis prazas, máis frecuencias e mellores tempos de viaxe".
Así mesmo, anunciou a chegada dos trens AVLO, a operadora low cost de Renfe, para o próximo ano 2024, na liña entre Galicia e Madrid.
"A alta velocidade máis económica de Renfe suporá un incremento de catro frecuencias por sentido na conexión ferroviaria entre a cidade e Ourense, dentro da liña Madrid-Galicia", confirmou.