Os tres edificios afectados pola explosión de Madrid continúan desaloxados
Os tres edificios afectados pola explosión de Madrid continúan desaloxados
Os bombeiros aseguran que hai zonas inestables que aínda poden derrubarse
Os labores de desentullo continuaron o día seguinte á explosión no edificio afectado do distrito de Salamanca. Os traballos céntranse en avaliar os danos e en aclarar as causas deste sinistro que provocou a morte de dous traballadores.
Os bombeiros e os técnicos municipais valoran a posibilidade de derrubar o edificio afectado, como explica Víctor Barrasús, xefe de garda dos bombeiros.
"Estivemos consolidando os ocos da fachada. Dentro do perigo de posible derrubamento secundario, estivemos apuntalando todas as estruturas que colocamos en todos os ocos e no interior tamén".
A media mañá, os bombeiros citaban os veciños afectados para darlles conta da evolución dos traballos. Preto de cen persoas tiveron que deixar as súas casas.
Os técnicos de emerxencias atenderon todo tipo de necesidades. Cóntao Juan Carlos Arellano, xefe da Unidade de Samur Social.
"Xorden as necesidades de medicación, das mascotas é estar aí atendendo ao que poidan necesitar".
Os veciños con pisos non lindeiros co edificio afectado agardan o visto e prace da empresa construtora para volver este domingo ás súas casas. Os sindicatos esixen que se investigue se houbo algún erro na seguridade laboral.