Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os tripulantes do Iacobus Maris obtiveron a Compostela este domingo

Os tripulantes do Iacobus Maris obtiveron a Compostela este domingo

A frota permanece ata este domingo en Vigo coa posibilidade de visitar os veleiros por dentro

G24.gal 24/07/2022 15:24 Última actualización 24/07/2022 19:01

Os tripulantes que compoñen a flota da Regata Iacobus Maris, que continuará amarrada ata este domingo no porto de Vigo, xa teñen a compostela, a carta que certifica que fixeron o Camiño de Santiago

Diante do Etoile, do seu lema escrito: valor, disciplina e honor quedan retratados os peregrinos que fixeron o camiño por mar. Non están en Vigo todos os que son, xa que algúns tripulantes marcharon xa, e hai outros que fixeron outras etapas, non esta final.

Agora todos, unhas 600 persoas, xa teñen ou lles van facer chegar un salvoconduto oficial, a compostela, que certifica que nun Ano Santo fixeron o camiño.

"Un recoñecemento por todas as millas navegadas, con todos os momentos compartidos cos tripulantes que formaron parte das travesías. E si, faime moita ilusión ter a miña Compostela; o tema relixioso déixoo aparte", conta José Gutiérrez, o capitán do Pascual Flores.

"Non é o primeiro camiño que fago, pero facelo por mar si se acabou por converter nunha odisea, nunha aventura dura, difícil pero ao fin y ao cabo magnífica. Quizais a grande experiencia é facer o Camiño de Santiago. Xa o dixen mil veces e repítoo, a Galicia hai que chegar por mar",  di Eduardo Lozano, un tripulante do Atyla.

"Unha experiencia moi enriquecedora. Houbo algún momento de navegación complicada con baixa visibilidade pero estivo ben. Porque ao fin é convivir e aprender a estar co resto dos compañeiros", explica Marta Hidalgo que pertence á Escola Naval Militar de Marín.

A frota permanece ata este domingo en Vigo coa posibilidade de visitar os veleiros por dentro. Despois, o luns, virá o Día de Galicia, o do Apóstolo e non volverá haber Ano Santo ata o 2027.

"A nosa intención é seguir, efectivamente, facendo a ruta pequena todos os anos, pero xa para o ano 2026 empezar a planificar, e polo menos repetir a saída como mínimo desde Xénova. E tratar, con máis tempo, de intentar que veña algún barco desde Jafa, en Israel", revela Mario Cardama, o  Presidente da Fundación Traslatio. 

A Regata Iacobus Maris celebrou este ano Xacobeo co esforzo dunha navegación de 1600 millas náuticas entre Xénova, Valencia, Sevilla, Porto e Vigo. Houbo de todo, aventura, espiritualidade, mal e bo camiño, como lles pasa aos peregrinos por terra, pero por mar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar