Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os turistas internacionais volven ao Camiño un ano máis

Os turistas internacionais volven ao Camiño un ano máis

Un grupo de estudantes británicos descobren por primeira vez as excelencias da ruta xacobea
 

G24.gal 26/03/2023 15:31 Última actualización 26/03/2023 15:43

Teñen entre once e catorce anos e é a primeira vez que están en Galicia. Son un grupo de estudantes procedentes dun exclusivo internado do sur do Reino Unido, que están de viaxe cultural e que entre moitas posibilidades escolleron as terras galegas.

Este grupo de vinte e catro alumnos combinan a aprendizaxe de idiomas con actividades culturais, nas que non podía faltar un tramo do camiño de Santiago.

"Son de Ordes. Era unha idea que tiña de facer, como traballo nun colexio inglés, de traelos a coñecer o meu país, que saiban de onde son. Pareceume que podíamos aproveitar esta oportunidade para vir un día a Santiago e facer a última etapa do camiño", conta Jacobo Priegue, profesor de español en Oundle School que acompaña os rapaces.

Unha das cuestións que máis lles están a chamar a atención son a comida, o tempo e o mar.

Os británicos son a sexta nacionalidade que máis percorreu a ruta xacobea o ano pasado. 
Estes estudantes continuarán descubrindo Galicia ata o vindeiro mércores, tempo suficiente para que prenda neles a semente dunha nova visita nun futuro non moi afastado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade