Os usuarios estudan como solicitar as novas axudas enerxéticas
Os usuarios estudan como solicitar as novas axudas enerxéticas
Administradores e asesores xa buscan como aplicar as medidas anunciadas polo Goberno
Os particulares tamén reclaman máis información para saber se poden optar ás novas axudas do bono social
Facer fronte ao custo da calefacción central é xa unha das principais preocupacións nas comunidades de veciños.
Pablo Bermúdez Portas é administrador de comunidades e coñece ben a situación: "Están asfixiados os veciños polo elevado custo. Tiveron que facer derramas para poder manter acalefacción".
Administradores e asesores xa buscan como aplicar as medidas anunciadas polo Goberno para baixar os gastos das caldeiras de gas. O Colexio de Administradores de Fincas de Galicia infórmaos de todas as novidades para intentar baixar o custo.
Os particulares tamén reclaman máis información para saber se poden optar ás novas axudas do bono social. Ademais, reclaman que os trámites para optar a esas axudas sexan sinxelos e rápidos.