Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os usuarios poderán compartir taxi en Vigo

Os usuarios poderán compartir taxi en Vigo

O sector cre que os cambios na ordenanza municipal permitirán atraer clientes

G24.gal 31/03/2022 14:04

Os usuarios dos taxis vigueses poderán compartir vehículo se van na mesma dirección e así aforrar na viaxe. É unha das grandes novidades da nova ordenanza. Os viaxeiros poderán facer a solicitude a través dunha aplicación, pero tamén cunha chamada telefónica. 

Ademais, terán dereito a escoller entre os primeiros taxis da fila, pero, ollo, porque os clientes poden entrar nunha lista negra. Aí irán os que non paguen ou os que pidan un taxi e non se presenten para collelo.

A normativa tamén recolle prácticas que xa eran habituais, como que os taxistas agarden a que os clientes entren nos portais, especialmente se se trata de persoas vulnerables.

En Vigo, hai 553 taxis que a partir de agora poderán autoxestionar os seus descansos para repartir as quendas de traballo. Sobre o código de vestimenta apuntan que debe ser axeitada á boa imaxe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade