Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os veciños de Nigrán denuncian excesos de velocidade na estrada onde se produciu un aparatoso accidente

Os veciños de Nigrán denuncian excesos de velocidade na estrada onde se produciu un aparatoso accidente

Sinalan que o peor sucede nas noites das fins de semana

Reclaman máis medidas de control

G24.gal 18/11/2021 13:49

Benjamín Manuel é o propietario dun dos coches rebentado nun aparatoso accidente na madrugada do martes na Ramallosa, en Nigrán. Mentres revisa o estado en que quedou o seu coche, explica que ten que agardar que retiren o turismo que lle caeu enriba para poder trasladar o seu ao taller. 

Os veciños que pasan pola zona paran para comprobar como quedaron os coches e especular sobre o accidente. A maioría denuncia excesos de velocidade nesta zona e reclaman que se instalen sinais ou lombas que axuden ao cumprimento dos límites de velocidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade