Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os veciños da Calzada das Gándaras, en Lugo, levan días sen auga da traída

Os veciños da Calzada das Gándaras, en Lugo, levan días sen auga da traída

Para atender as súas necesidades, teñen que coller a auga nunha fonte pública

Félix Aragunde 23/10/2023 12:43

Debido a unha avaría na rede de abastecemento, os veciños de varios bloques de vivendas da Calzada das Gándaras, en Lugo, levan días collendo a auga nunha fonte pública.

Aínda que non é potable, sérvelles para atender necesidades como lavar a roupa ou asearse, mentres que para beber ou cociñar teñen que comprala embotellada.

A avaría afecta dous bloques de vivendas e varias casas, polo que nas horas punta se forman colas para encher caldeiros ou garrafas no manancial máis próximo. 

A fonte pública onde os afectados collen auga está situada ao fondo dunhas escaleiras. Isto supón un perigo para os usuarios, sobre todo para as persoas maiores, posto que coa chuvia destes días poden escorregar ao baixar por elas.

De feito, unha muller de 77 anos sufriu un accidente cando foi buscar auga. Caeu e fracturou oito costelas, polo que tivo que ser ingresada no hospital Lucus Augusti.

Segundo o Concello, a avaría afectou dúas tubaxes. Unha delas xa foi arranxada, polo que o servizo podería ser restablecido por completo en calquera momento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade