Os veciños de Coaxe, en Catoira, non queren unha pirotecnia preto das vivendas
Os veciños de Coaxe, en Catoira, non queren unha pirotecnia preto das vivendas
A medio quilómetro en liña recta das últimas casas levantaron a construción
Os veciños din que van loitar ata o final. E afirman tamén que se senten enganados. Primeiro porque cando venderon a leira dixéronlles que era para a cría de cabalos de monte.
Despois souberon que ían construír un alboio para aveños e finalmente souberon que ía ser una almacén para produtos pirotécnicos. Ademais teñen medo de que a empresa amplíe as instalacións para facer un recinto moito máis grande.
A medio quilómetro en liña recta das últimas casas levantaron a construción. Aí poderán almacenar de produtos pirotécnicos. Ata 6.000 quilos, segundo os veciños. Cren que o futuro pasa por unha ampliación do almacén para crear un taller.
Os residentes apuntan que se trata dunha actividade perigosa polo tipo de produto que se almacena; a localización non é a axeitada, xa que está situada nunha zona que frecuentemente sofre incendios durante ou verán e todo ou monte dá contorna dispón dunha masa forestal carente de mantemento e limpeza. De producirse unha explosión, din, poderían verse afectadas as vivendas e os depósitos de auga da aldea.
"Os veciños non estamos de acordo porque é moi perigoso. Hai fontes, porque non temos traída do concello e a auga témola do monte. É perigo para todos, non só nos afecta a nós, tamén a Dimo a Catoira e imos ir recoller sinaturas a Paradela que xa nos dixeron que tiñamos o seu apoio. Primeiro dixeron que era un alboio de aveños e cando lles deron o permiso puxérono para outra cousa. Enganáronnos".
"O día antes, o xoves, díxonos o alcalde que el traballaba para os veciños e ao día seguinte firmoulles o permiso. Non sabemos se está todo correcto, pero aínda que estea ben imos seguir adiante para que non vaia ata final, que non queremos aquí unha pirotecnia".
Non están dispostos a quedar de brazos cruzados á espera de que o proxecto siga avanzando. Nese sentido, comezaron a recoller sinaturas, coas que apoiar varias peticións: que lles entreguen o expediente que obra no Concello, que se lles faciliten as datas en que se abriron os prazos de información pública por parte dos organismos implicados no trámite e datos sobre a actividade que solicitou a empresa.