Os veciños de Friol protestan polo mal estado das estradas
Os veciños de Friol protestan polo mal estado das estradas
Din que hai moitas fochancas e os danos nos vehículos son constantes
Os veciños van todos a unha en Friol para reclamar unhas estradas dignas.
"Non teñen máis que buratos, non miran nada por elas e déixanas poñer perdidas".
Critican que sete das vías de titularidade provincial que atravesan o concello están intransitables.
"É unha vergoña que cos tempos que corren estean as estradas como están, un desastre".
As fochancas son moitas e moi fondas e non paran de xerar estragos.
"Os coches vanse da carretera, pínchanse as rodas...".
E aínda que algúns tiran de retranca...
"Eu xa estraguei as rodas dúas veces, vou ter que poñer unhas de tractor".
Os veciños temen que tras os danos se produza algunha desgraza.
"O do tanatorio rebentou unha roda, se é no enterro ten que parar e cambiala. O outro día un rapaz as seis da mañá saíu nunha curva por unha fochanca".
Din que cando se produce algún arranxo son parches superficiais que non son suficientes.
"Onde é moi fondo e non se pasa veñen, botan algo de escombro e vanse".
Os veciños reclaman un plan de mantemento urxente que arranxe unhas vías que din son todo un risco para os condutores.