Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os veciños de Recimil, en Lugo, dispostos a levar ADIF ao Xulgado

Os veciños de Recimil, en Lugo, dispostos a levar ADIF ao Xulgado

Reclaman máis seguridade para os usuarios mediante a colocación dun semáforo

G24.gal 19/07/2023 13:36

Veciños das parroquias de Recimil e Coeo din estar “indignados” coa actitude dos técnicos de ADIF en relación cos informes emitidos sobre o paso a nivel en que se produciu o accidente mortal que lles custou a vida a dous mozos de León e deixou outro ferido de gravidade.

Roberto López, un gandeiro que vive nesta zona do concello de Lugo, dixo a EFE que se están “falsificando os informes” que chegaron á Subdelegación do Goberno, porque neles se fixo constar que operarios de ADIF taparon de madrugada os buracos que se produciron no paso a nivel “por mor do accidente”, cando en realidade esas fochas “estaban aí desde había dous meses”.

Dixo que os veciños da zona están “todos a un tempo” e dispostos “a chegar ata o final”. De feito, afirmou que “este asunto vai acabar no xulgado” e alí, en sede xudicial, os “técnicos ou os responsables de ADIF” terán que dar explicacións sobre o sucedido e o estado en que se atopa ese paso a nivel.

Os veciños tiñan previsto empezar a cortar este mércores a vía do tren, durante unha hora ao mediodía, de dúas a tres, á altura do paso a nivel de Recimil, para reclamar máis seguridade para os usuarios mediante a colocación dun semáforo.

Con todo, finalmente, esa forma de protesta non foi autorizada, de modo que os veciños concentráronse no lugar, pero fóra da zona de protección da vía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar