Os veciños de Villanueva e Don Benito, en Estremadura, votan a fusión dos seus concellos
Os veciños de Villanueva e Don Benito, en Estremadura, votan a fusión dos seus concellos
Buscan máis do 66 % dos votos para unirse e fuxir dos localismos
Uns 50.000 veciños das dúas localidades deciden o seu futuro nunha cita histórica para o municipalismo
En Estremadura, os veciños das localidades de Villanueva de la Serena e Don Benito votan este domingo en referendo a fusión dos seus municipios.
Esta consulta popular, se é apoiada por máis do 66 % dos votos en ambas as dúas localidades, convertería ao novo concello no terceiro foco poboacional e económico da comunidade.
Os alcaldes de Don Benito e Villanueva de la Serena animaron os veciños a apoiar unha fusión que abriría un futuro moi ilusionante para as novas xeracións.
Uns 50.000 veciños deciden o seu futuro cun dispositivo de 37 colexios e 60 mesas para depositar o voto nunha cita histórica para o municipalismo.